viernes, 15 de julio de 2016

REFLEXIÓN MARCO CONCEPTUAL

Boas,

Hoxe continuo coas entradas individuais no Blogue TRIORIENTA,  que xa conta cunha membra máis: Benvida Silvia!.

Hoxe faremos unha reflexión  do Curso de Posgrao no que me embarquei este verán, facendo unha reflexión persoal sobre o MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL EN GALICIA.

Tardei en decidirme a facer este curso,  entre outras cousas, polas data nas que se celebra. Tampouco axudaba moito o feito de que coincidise coa época en que máis traballo teño ao iniciarense varias accións formativas para persoas desempregadas nas que colaboro. Pero si teño que ser sinceira, o que máis me botaba para atrás era pensar que seria unha repetición dos contidos vistos no Curso Avanzado realizado no 2013 a través da CIXUG e que non habería nada novo que me motivase ou me engachase ao seguimento do curso.

Con todo este escepticismo comecei as sesións presenciais e afrontei o MARCO CONCEPTUAL, o primeiro dos 3 marcos polos que navegaremos durante este curso. Desde o primeiro día atopeime con agradables sorpresas. Si ben o marco é o que é,  a reorganización e introducción de aspectos que no seu dia botei en falta tales como o emprendemento e a profundización en estratexias de orientación fixeronme ver o equivocada que estaba.

Comezamos por tanto cunha  mentalidade "inprendedora" a vez que comezaba a tuitear (transversalmente iniciamos a nosa andadura nas ferramenteas TICs):




Así afrontei o primeiro tema: Actualización do mercado de traballo.

Neste primeiro tema refrescamos conceptos tales como:
-Oferta versus demanda de emprego, Escola clásica e escola keynesiana.
-Tasas de activade, de paro, indicadores EPA, indicadores paro rexistrado. Diferencias segundo as fontes empregadas
-Ocupacións, saidas laborales, tipos de contrato, traballo por conta allea, traballo por conta propia, acceso ao emprego público.
-Tipoloxía de empresas

Foi un tema de contextualización necesario e imprescindible que nos conduciu ao segundo tema.

 A Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Aquí analizamos o contexto da dinámica emprendedora, destacando a tendencia descendente que amosa a actividade emprendedora en Galicia desde o ano 2012,  e comezamos o noso proxecto empresarial grupal traballando no método Canvas. Un método de modelo de negocio moi visual e intutitivo. 






















Cando nos dimos de conta xa estabamos enfrascados e enfrascadas no último tema deste marco conceptual.

 Actualización do marco de referencia da orientación laboral
Aquí estudamos entre outros temas: 
- O Sistema Nacional de Emprego,
-O marco  actual da política de emprego en España, con especial atención a Estratexía de Activación para o Emprego
-A politica de emprego en Europa, analizando pormenorizadamente a Estratexia europea de Emprego 2020, eixe vertebrador da política actual de emprego da UE.

Realizamos unha práctica grupal dunha intervención laboral dandolle especial relevancia a entrevista de diagnóstico.

Realizando este exercicio e escoitando as exposicións dos meus compañeiros decateime de que se algo me segue sorprendendo é a motivación dos profesionais que traballamos neste eido. A pesares das trabas que desde o marco conceptual se nos poñen, tales como a temporalidade das contratacións, a priorización da fiscalización, o predominio das politicas pasivas frente as activas e falta de potenciación e consolidación do equipo humano co que contan, seguimos creendo no que facemos.



É un pracer compartir experiencias e aprender dia a dia do bo facer nas sesións presenciais, facilitadoras dese contacto tan necesario para desenvolver boas prácticas e adaptalas aos nosos servizos.


Para saber máis sobre os distintos temas tratados no artigo: 



Informe GEN 2015

Estrategia Europea 2020

Servizo Publico de Emprego


No hay comentarios:

Publicar un comentario